Home / Actualidad / A Xunta entrega 24 vivendas accesibles en Lamas de Abade

A Xunta entrega 24 vivendas accesibles en Lamas de Abade

Lamas de Abade contará con 24 vivendas accesibles de 1, 2 e 3 dormitoros cunha renta de entre 117,72 e 224 € xunto aos descontos aplicados

A Xunta de Galicia realizou este martes a entrega de chaves de 24 vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro accesible no barrio de Lamas de Abade, en Santiago de Compostela. No acto participaron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue.

Segundo detallou a Consellería, os inmobles contan con 1, 2 e 3 dormitorios e as súas rentas mensuais oscilan entre os 117,72 e os 224 euros. Un total de nove pisos foron adxudicados a menores de 36 anos, en aplicación da reserva do 40 % establecida para esa franja de idade. As familias adxudicatarias non empezarán a pagar o alugueiro ata o mes de decembro co fin de facilitar o alta dos subministros.

O edificio dispón de sistemas de aerotermia e paneis fotovoltaicos na cuberta, cunha inversión total de 4,8 millóns de euros, dos cales 1,1 millóns proceden de fondos europeos. Trátase da segunda entrega de pisos públicos realizada este ano polo Executivo autonómico, tras a efectuada no verán en Pontevedra con 74 vivendas.

Durante a súa intervención, Rueda indicou que a administración autonómica ten en marcha 4.000 vivendas públicas, máis de 430 delas na capital galega, co obxectivo de acadar os 8.000 inmobles antes de que remate o ano 2028. Así mesmo, o titular do Executivo galego fixo referencia a outras liñas de actuación do plan autonómico, como o desenvolvemento de solo para 25.000 vivendas ou a conversión de locais comerciais en fogares.

Etiquetado:

Deje un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *