O artista galego presentará o seu álbum ‘El Sitio de Siempre‘ na capital de Galicia tras actuar en cidades como París, Berlín ou Cidade de México.
O músico Iñigo Quintero actuará en Santiago de Compostela o vindeiro xoves 15 de outubro de 2026 no marco da súa xira internacional ‘El Sitio de Siempre World Tour’. O concerto celebrase na Sala Capitol (situada na Rúa de Concepción Arenal, 5) ás 20:00 horas, con entradas dispoñibles a partir de 20 euros.
O evento na cidade compostelá permitirá ao público gozar en directo dos temas de El Sitio de Siempre, o seu primeiro álbum de estudio lanzado en outubro de 2025 e composto por once cancións. A actuación en Santiago chega despois de que o artista levara a súa música a escenarios de grandes capitales internacionais como París, Berlín ou Cidade de México.
No repertorio da noite non faltarán algúns dos seus temas máis aclamados, entre os que destaca a balada ‘Si no estás’, éxito co que alcanzou o número un mundial na plataforma Spotify e se deu a coñecer a nivel global, así como ‘El tiempo que paso contigo’, canción gravada en colaboración co grupo Besmaya.
Con 21 anos, Iñigo Quintero consolidouse como unha das voces máis recoñecibles do pop e a balada. O seu concerto na Sala Capitol, un dos espazos de referencia da música en vivo en Galicia, preséntase como unha oportunidade para experimentar en directo a sensibilidade e conexión emocional que caracterizan a súa proposta artística.






