Home / Miradas / La Oreja de Van Gogh, cabeza de cartel do Caudal Fest 2027

La Oreja de Van Gogh, cabeza de cartel do Caudal Fest 2027

O grupo, co regreso da vocalista Amaia Montero, súmase á programación do festival que se celebrará os días 17 e 18 de setembro do 2027 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Tras o éxito de esta edición, o Caudal Fest continúa dando forma á súa edición de 2027 coa confirmación do grupo La Oreja de Van Gogh, que se incorpora como nova cabeza de cartel do evento. Esta edición celebrarase os días 17 e 18 de setembro de 2027 no Xardín do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

A banda está considerada como un dos fenómenos de masas máis recoñecibles da historia da música popular do país, acumulando millóns de discos vendidos, miles de millóns de reproducións en plataformas dixitais e numerosas certificacións de ouro e platino. Ademáis, atópase nun dos momentos máis especiais da súa carreira tras iniciar en 2026 unha nova etapa co retorno de Amaia Montero, vocalista histórica, líder e membro fundadora do grupo.

Un cartel que segue a sumar nomes destacados

Coa entrada de La Oreja de Van Gogh, o Caudal Fest parte cunha programación que xa inclúe a varios dos nomes máis relevantes do panorama nacional. A banda Donostiarra súmase ás primeiras confirmacións que a organización xa adiantara durante a súa pasada edición, entre as que figuran Viva Suecia, Sidonie, Niña Polaca, Puño Dragón, Gara Durán e Rata.

Etiquetado:

Deje un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *