Home / Miradas / Avance dos primeiros artistas confirmados do Festival Jaleo! 2027

Avance dos primeiros artistas confirmados do Festival Jaleo! 2027

O 10 de abril celerarase a III Edición no Multiusos Fontes do Sar. As entradas xerais estarán a venda este xoves 8 de outubro a partir de 30 euros

O Festival Jaleo! deu a coñecer o primeiro avance do cartel para a súa terceira edición, que se celebrará o vindeiro 10 de abril de 2027 no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela. O evento, que inaugura a tempada de festivais de primavera en Galicia, contará nesta nova entrega con Shinova, Barry B e Sidecars como primeiras confirmacións.

Desde o seu nacemento en 2025, o Festival Jaleo! logrou posicionarse no calendario musical galego. Na súa primeira convocatoria reuniu a unhas 3.500 persoas e ao longo das súas dúas anteriores edicións pasaron polo seu escenario nomes de relevancia como Viva Suecia, Zahara, Carlos Ares, Sexy Zebras, Xoel López, Sidonie, Ultraligera, Ojete Calor ou De Ninghures.

Tralo rápido esgotamento das primeiras 200 entra das lanzadas en formato Early Bird o pasado 1 de outubro antes de anunciarse o cartel, a organización porá á venda as entradas xerais este xoves 8 de outubro ás 12:00 horas. Os pases poderán adquirirse a través da páxina web oficial do festival a partir de 30 euros máis gastos de xestión.

Etiquetado:

Deje un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *