Home / Miradas / La Pegatina súmase ao cartaz do ExpoRock 2027 en A Coruña xunto a Los Enemigos, Narco e Lendakaris Muertos

La Pegatina súmase ao cartaz do ExpoRock 2027 en A Coruña xunto a Los Enemigos, Narco e Lendakaris Muertos

A banda actuará no recinto de ExpoCoruña o vindeiro 13 de marzo de 2027 nunha xornada con máis de doce horas de música, feira vintage, exposición de motos e ‘foodtrucks’

A segunda edición do festival ExpoRock continúa a definir a súa programación para o ano 2027 coa confirmación dunha nova incorporación ao seu cartel. La Pegatina sumouse á cita e ofrecerá un concerto no recinto de ExpoCoruña o vindeiro 13 de marzo de 2027.

Máis de 1.200 concertos e o regreso á Coruña

O grupo, que conta con máis de 18 anos de traxectoria musical, acumula máis de 1.200 concertos en máis de 30 países. Así, chegarán á Coruña tras ter publicado no pasado mes de abril o seu álbum ‘Fuegos del barrio’, un traballo que se engade a un repertorio no que destacan éxitos icónicos como ‘Lloverá y yo veré’, ‘Todos los días sale el sol’, ‘Mari Carmen’ ou ‘Y volar’.

Esta actuación suporá o retorno de La Pegatina á cidade herculina, onde actuaron hai catro anos no Festival Noroeste trala cancelación do seu concerto previsto no Coliseum en outubro de 2020 a causa da pandemia da covid-19.

Máis de doce horas de actividade e entradas á venda

Coa incorporación de La Pegatina, o cartel do ExpoRock suma unha nova proposta festiva ao artistas que xa figuraban, incluindo bandas como Los Enemigos, Narco, Catalina Grande Piñón Pequeño e Lendakaris Muertos.

O evento concíbese como unha xornada con máis de doce horas de actividade continua. Ademais das actuacións musicais, o recinto acollerá unha feira vintage, unha exposición de motos Harley-Davidson e custom, e unha zona de foodtrucks.

As entradas atópanse xa á venda a través da páxina web oficial do festival, cun prezo de saída a partir de 43 euros no tramo actual de localidades.

Etiquetado:

Deje un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *