Home / Miradas / Vetusta Morla actuará no Coliseum da Coruña este 6 e 7 de novembro coa súa ‘Gira de vuelta’

Vetusta Morla actuará no Coliseum da Coruña este 6 e 7 de novembro coa súa ‘Gira de vuelta’

A banda de indie rock ofrecerá dous concertos consecutivos na Coruña no marco dunha xira exclusiva que unicamente visitará sete cidades en todo o país.

Dúas citas consecutivas no Coliseum da Coruña

A banda Vetusta Morla actuará no Coliseum da Coruña o venres 6 e o sábado 7 de novembro ás 21:00 horas. Ámbalas dúas actuacións forman parte do seu novo tour titulado ‘Gira de vuelta. Canciones de ida 2026-27’.

A capital herculina será unha das únicas sete cidades que acollerán a nova proposta en directo da formación, compartindo itinerario con Barcelona, Valencia, Pamplona, Málaga, Sevilla e Madrid.

Regreso tras dous anos de parón e novos temas

O retorno á actividade en directo prodúcese despois de que o grupo anunciara unha pausa temporal no outono de 2024. Para esta nova etapa sobre os escenarios, a banda incorpora ao seu repertorio cancións novas preparadas especificamente para este reencontro co público.

O seu último disco de estudio ata o de agora fora Figurantes, publicado en maio de 2024 e composto por once temas, o cal protagonizou a súa anterior etapa de concertos.

Etiquetado:

Deje un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *